viernes, 18 de mayo de 2012

ESTADO AUTONÓMICO


As reformas que necesita España e coas que está comprometido o presidente Rajoy e o PP non son únicamente en materia económica. Cremos que tras 35 anos deste logro colectivo da sociedade española que é a nosa democracia, hai algúns elementos do deseño territorial e administrativo que son susceptibles de mellora.

O presidente Rajoy chamou a “repensar” o noso actual modelo autonómico, non para eliminar ou desmontar nada, senón para seguir avanzando na súa mellora. Todos estamos de acordo en que se deben delimitar as competencias de cada administración, eliminar as duplicidades e garantir un financiamento suficiente.

Tras trinta anos de probas, sabemos qué funciona mellor e qué funciona peor en España. Sería o momento dun gran acordo de Estado entre os partidos políticos para, por unha vez, deixar ao carón o cortopracismo, e entregarnos á tarefa de lograr unha España mellor, máis eficiente, máis solvente e máis moderna. Sen apriorismos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario