Parécenos un exercicio de calidade democrática e de transparencia a
decisión adoptada polo Concello de Ferrol de publicar o patrimonio de todos os
concelleiros, tanto de goberno como da oposición. É un paso máis no exercicio
de dignificar a política e achegala ao cidadán impulsado polo presidente
Feijóo, baixo cuxo mandato se coñeceu por primeira vez o patrimonio do Goberno
galego e dos parlamentarios.
O que hai uns anos era impensable, agora é unha esixencia democrática
dos cidadáns. A Xunta e o Estado deron o primeiro paso, e parécenos un acerto
que as cidades recollan a luva. Moitas delas xa publicaban os soldos dos
equipos de goberno, e mesmo os seus patrimonios. Estes xestos de normalidade
son os que xeran credibilidade, porque permiten ao cidadán saber con que bens
chega un político e con cales sae.
No hay comentarios:
Publicar un comentario