Non entraremos en especulacións sobre as intencións do Goberno respecto
de Novagalicia Banco. Cando o Ministerio de Economía e o Banco de España poñan
sobre a mesa un proxecto concreto, realizaremos a nosa valoración. Ata o
momento, o único que nos interesa é o prazo fixado de setembro para que os
directivos do banco galego consigan os fondos necesarios para recapitalizar a
entidade.
En calquera caso, sostemos a postura do presidente Feijóo: se a Bankia
se lle concedese unha solución vantaxosa, demandaremos a mesma para NGB coa
vista posta en que Galicia manteña o seu músculo financeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario