O presidente Feijóo xa anunciou que Galicia subirá as taxas
universitarias o mínimo posible, tal e como veu facendo todos estes anos, en
que se mantivo no tipo que fixaba o IPC. Fíxoo antes e vaino a seguir facendo agora,
xa que se trata dunha competencia autonómica.
A Xunta fixo os deberes en materia económica para garantirlle ás tres
universidades galegas un financiamento suficiente para non ter agora que
incrementar de forma drástica as taxas. Unha vez máis, a planificación
orzamentaria de Galicia sitúaa nunha posición privilexiada para non ter que
tomar decisións severas.
En canto ao número de alumnos por titulación, é unha proposta sensata
que a Xunta xa establecera para os estudos de posgrao. Introducila agora para
os graos é homoxeneizar o ensino universitario. Non parece sensato que a día de
hoxe se manteñan carreiras con sete alumnos, e para iso se sosteña
artificialmente toda unha estrutura docente nunha facultade.
Tampouco parece razoable que se manteñan titulacións en dúas
universidades galegas que non chegan aos 30 alumnos, pero que se se impartisen
nunha soa si cumprirían os cocientes mínimos. A eficiencia dos recursos vai
levar a unha reorganización do mapa universitario, e evitar duplicidades estériles.
Se esta reforma xa se está producindo na administración pública, por qué non
vai expoñerse no mundo universitario?
No hay comentarios:
Publicar un comentario