Resulta sorprendente que os até hai pouco militantes do BNG e agora
reunidos en distintos grupos de escindidos digan que o Bloque é un partido “antisistema”.
Quen até hai dous días tiñan carné de militante na fronte son os encargados de
desenmascarar ás súas antigas siglas. Xa non o di o PP, dino os seus ex
militantes.
O Bloque está secuestrado polos radicais da UPG, que converteron á formación
na súa cara amable para poder concorrer ás eleccións sen provocar o
rexeitamento xeneralizado da sociedade galega. O BNG non ten proxecto salvo
involucionar, viaxar atrás no tempo e illar a Galicia. Este non é o modelo de
país moderno que demanda a cidadanía e que representan o PP o presidente Feijóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario