viernes, 15 de junio de 2012

DEPUTACIÓNS


O PPdeG coincide con Baltar, pero tamén con Louzán e Calvo, en que as deputacións son institucións que seguen tendo vixencia e que necesitan dunha reforma por parte do Estado que fixe unhas competencias claras, que restrinxa as súas áreas de actuación e que determine que, preferentemente, deben estar á beira dos concellos de menor tamaño. Mentres outros partidos piden a súa desaparición, o PP defende a súa vixencia e a súa reforma para adaptalas aos novos tempos.

A proposta de elección directa dos representantes das deputacións que fixo Baltar parécenos algo a estudar por parte de quen ten capacidade para esta reforma, que é o Goberno do Estado. Aínda que a día de hoxe parécenos máis prioritario delimitar as competencias para evitar solapamentos e eliminar do imaxinario colectivo que as deputacións son entes prescindibles. Nós cremos que non o son. A proposta de Baltar enmárcase dentro do paquete de reformas que o Goberno estuda para as deputacións, e entendemos que non debe analizarse de forma illada.

Cando Pachi fala das deputacións como “nenos de nepotismo”, non sabemos se tamén se está referindo á que preside Besteiro en Lugo. O PSOE non está lexitimado para opinar sobre as deputacións, tendo en conta que ten un discurso en cada provincia. Alí onde goberna a deputación (cada vez en menos sitios) defende a súa continuidade e reforma, e onde non, pide a súa supresión. Para non enganar á cidadanía, debería manter un discurso único, sen dobleces, sen letra pequena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario