
Os galegos deben saber en que consisten estes pactos de perdedores. Xa
o viron co bipartito, e hoxe seguen asistindo a espectáculos como o de Vigo. Un
alcalde que minte no tema da fusión das caixas, que pon obstáculos ao maior
investimento hospitalario da historia recente de Galicia, que resucitou un
discurso caduco de confrontación entre cidades, e que con todo ten carta branca
do nacionalismo.
Fronte a partidos sen proxecto, fronte a arranxos monetarios, fronte a
cambalaches en forma de soldos e dedicacións, o PP representa un proxecto
sólido, unido, solvente e coherente, que non di unha cousa en cada sitio e que
está comprometido coa cidadanía. Ao PP non se lle compra con dedicacións
exclusivas. Vemos que outros partidos non poden dicir o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario