jueves, 14 de junio de 2012

REFORMAS SANIDADE


O PPdeG defendeu sempre que a atención sanitaria fose gratuita para todos os cidadáns. Ademais, entendemos que mentres outras autonomías deben cobrar por servizos extrasanitarios para cumprir co seu déficit, Galicia podía permitirse non facelo grazas á xestión rigorosa e seria das súas contas públicas.

De igual modo, insistimos en que externalizar un servizo non sanitario como poden ser as cociñas ou a limpeza non afecta de ningún xeito ao pacientes pero si pode redundar nun aforro das administracións, e por tanto, nun maior investimento na sanidade pública.

Externalizar un servizo non implica nin a perda de calidade nin sobrecusto algún ao cidadán, por moito que insista a oposición en que se privatiza a sanidade. Galicia ten, probablemente, a sanidade máis solvente do Estado, a que paga en menor prazo as súas facturas, a que máis aforra e, a pesar de todo iso, a que máis inviste en novas infraestruturas. O cidadán debe saber os esforzos da Xunta e os logros colectivos que estamos a alcanzar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario