
O novo hospital de Vigo será pagado íntegramente pola Xunta, e por
tanto será de titularidade pública, como calquera outro centro do Sergas. Non
hai privatización algunha da asistencia sanitaria, por moito que mintan o
alcalde e o PSOE. O que o protocolo pide ao Concello é o custe das obras de
abastecemento de auga, luz e gas natural, tres competencias exclusivas dos
municipios.
Os populares pedimos a Caballero que recapacite. E se non é capaz, que
teña a valentía de denunciar no xulgados á Xunta e dicir publicamente aos
vigueses que non quere un novo hospital na cidade porque ten que facer tres
aceiras menos e reinvestir ese diñeiro nunhas mínimas obras de abastecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario