- Nunha entrevista na Radio Galega, afirma que a transparencia sobre o patrimonio e as rendas dos que exercen cargos públicos xera confianza entre os cidadáns
- Agarda que cunda o exemplo da fusión entre os concellos de Oza e Cesuras en canto se vexan os beneficios que traerá consigo na mellora dos servizos aos veciños
- Di que os populares centran os seus esforzos en solucionar os problemas dos cidadáns e non en debater quen dos seus líderes lles gusta menos, como pasa en PSOE e BNG
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, recordou que as medidas adoptadas en España afastáronnos de ter que pedir o rescate a Europa, como sucedeu en Chipre.
Nunha entrevista concedida á Radio Galega esta mañá, Rueda falaba da situación que se está a vivir en Chipre e lembrou as voces dos partidos da oposición que se alzaban aí atrás pedindo un rescate urxente para España e as críticas que recibiu Rajoy por retrasalo e non solicitalo. En vista das condicións que se lle están esixindo a Chipre, o secretario xeral do PPdeG afirmou que se alegra de que España non tivese que pedilo finalmente, a pesar da difícil situación que está afrontando.
A XESTIÓN DA ACTUAL SITUACIÓN ECONÓMICA
Nunha entrevista concedida á Radio Galega esta mañá, Rueda falaba da situación que se está a vivir en Chipre e lembrou as voces dos partidos da oposición que se alzaban aí atrás pedindo un rescate urxente para España e as críticas que recibiu Rajoy por retrasalo e non solicitalo. En vista das condicións que se lle están esixindo a Chipre, o secretario xeral do PPdeG afirmou que se alegra de que España non tivese que pedilo finalmente, a pesar da difícil situación que está afrontando.
A XESTIÓN DA ACTUAL SITUACIÓN ECONÓMICA
Rueda asegurou que o que máis lles preocupa aos populares é o paro e cre que todos os esforzos deben ir encamiñados primeiro a solucionar a situación das persoas que non teñen traballo. A partir daí, outras moitas cousas mellorarán.
Ante a cuestión de se os cidadáns detectan que Galicia é unha das comunidades mellor situadas de España, Rueda fixo fincapé en que basta con observar certas situacións que se están dando noutras comunidades para ver que en Galicia non se van dar. Nesta liña, fixo fincapé en que esta comunidade non tivo que pedir axuda estatal acudindo, por exemplo, ao Fondo de Liquidez Autonómico, e que leva catro anos facendo esforzos que propiciarán que se note cada vez máis que está en mellores condicións fronte á crise.
Á pregunta de se os servizos sociais como a educación e a sanidade están en risco de deixar de ser públicos, Rueda afirmou que todo o contrario. Segundo apuntou, as medidas que se están a tomar son precisamente para garantilos. Así, en Galicia mantense un ensino público de calidade e constrúense novas infraestruturas sanitarias, algo impensable noutras comunidades. Con respecto a isto, lembrou que os populares sempre dixeron que os servizos sociais hai que mantelos por riba de todo e co tempo estase a ver que iso é cada vez máis certo.
SOBRE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Preguntado sobre a saúde das administración públicas en xeral, o número dous dos populares galegos afirmou que están en época de cambio, o que é lóxico xa que as administración non deben ser as mesmas que as de hai 20 ou 30 anos e, ademais, deben coordinarse. Son precisas, por tanto, administracións modernas e non duplicadas e se é necesario suprimir algunha, hai que facelo.
Neste senso, sinalou a reforma local que se está deseñando a nivel nacional, algo co que están a favor os populares galegos, aínda que debe adaptarse ás particularidades de Galicia. Por iso, Rueda indicou que as alegacións que presentaron son precisamente para que se respecten as especificidades de Galicia pero tamén son obxectivas e aplicables ao conxunto do Estado.
Preguntando polo proceso de fusión de concellos, o secretario xeral do PPdeG apuntou que se trata dun cambio fundamental e cando se vexa que a fusión de Oza e Cesuras é beneficiosa e que os veciños deses concellos ven mellorados os seus servizos, agárdase que cunda o exemplo.
Sobre a necesidade de que os alcaldes teñan salarios fixos, Rueda fixo fincapé en que calquera que exerza responsabilidades tan importantes debe ter unha remuneración e, neste caso, debe ir en función do orzamento e da situación económica de cada concello.
Por outra banda, no que se refire á transparencia sobre o patrimonio e as rendas dos políticos, Rueda considera que os que se dedican a xestionar os asuntos públicos e o diñeiro público, teñen a obriga de amosar ante os cidadáns as súas rendas. Para o dirixente popular, a transparencia sempre é boa, os cidadáns agradécena e iso xera confianza.
PROCESOS INTERNOS DOS PARTIDOS POLÍTICOS
Preguntado polo Congreso provincial de Ourense que tivo lugar a pasada fin de semana, Rueda apuntou que mentres o PSOE leva tempo intentando saber qué lle pasou nas pasadas eleccións e falando de se celebrar ou non primarias, o PPdeG renovase e organízase internamente pero dedica os seus esforzos a solucionar os problemas dos cidadáns e non a debater entre os seus membros a ver quen lles gusta menos dos líderes que teñen, como sucede no PSOE e no BNG.
No que atinxe aos partidos da oposición, Rueda lamentou que anden desorientados e competindo a ver quen manda sobre quen. Nesta liña, criticou que os últimos meses non fagan predicir nada bo vendo a crispación que queren introducir algúns e o desnortados que están outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario