martes, 25 de junio de 2013

O PPdeG pon en marcha unha moción nos concellos para rexeitar o terrorismo


A voceira do PPdeG lembra que desde o ano 2006, Galicia padece actos violentos de terrorismo levados a cabo por Resistencia Galega

O PPdeG pon en marcha unha moción nos concellos para rexeitar calquera tipo de acción ou xustificación do terrorismo

• O obxectivo desta moción é non só o de que todos os partidos rexeiten o terrorismo senón tamén que aclaren a súa postura respecto a declaracións como as de Beiras

• Para Prado, é moi grave que para un deputado como Beiras as decisións dun goberno xustifiquen que se leven a cabo accións violentas

 
A voceira do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, afirmou que o PPdeG remitirá hoxe unha moción ás sedes provinciais do partido para que a trasladen a todos os concellos galegos coa fin de que os partidos manifesten nos plenos locais o rexeitamento cara calquera tipo de acción terrorista ou declaracións que xustifiquen a violencia.
Neste senso, Prado lamentaba que hai menos dunha semana o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, consideraba un mero exercicio de indignación por parte de Resistencia Galega o que para a Xustiza é un procedemento penal por condutas tipificadas como actos terroristas.


Para a voceira do PPdeG, é moi grave que para un deputado como Beiras as decisións dun goberno xustifiquen que se leven a cabo accións violentas.


Segundo Prado, convén recordar que Resistencia Galega é unha organización terrorista que utiliza artefactos explosivos contra oficinas bancarias, de emprego, ou sedes de partidos políticos ou sindicatos. Por iso, é inaceptable que un representante público como é Beiras xustifique e reste importancia aos actos desta banda terrorista.


Para a dirixente popular, é necesario que todas as formacións do arco parlamentario en Galicia e tamén de cada concello condenen este tipo de prácticas, por iso poñen elevan aos plenos locais unha moción na que se acorde o “ rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto o levado a cabo por Resistencia Galega”; solidaridade “coas víctimas destes atentados” e apoio “ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destas actos”; e rexeitamento a “calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos”.


O obxectivo desta moción é non só o de que todos os partidos manifesten o seu rexeitamento cara o terrorismo senón tamén que aclaren a súa postura respecto a declaracións de dubidosa ética como as de Beiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario