lunes, 7 de noviembre de 2011

AUDIOVISUAL


Valoramos positivamente o ditame da proposición de lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, paso previo para a aprobación definitiva deste texto lexislativo en sesión plenaria.

Esta reforma legal permitirá adaptar a prestación do servicio público audiovisual galego á nova realidade tecnolóxica, social, cultural e económica desta segunda década do século XXI, mantendo os recursos e valores conqueridos nos últimos 30 anos.

Con esta reforma legal, a existencia da CRTVG está totalmente garantida. Non hai, polo tanto, afán nin intención algunha de privatizar esta corporación.

A nova lei reafirma e renova a existencia do servicio público audiovisual de Galicia en galego establecido pola Lei 9/84 de creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia que propiciou a radio e a televisión de Galicia en 1985, ao tempo que garante o futuro e o desenvolvemento do servizo audiovisual de Galicia en galego durante esta próxima segunda década do século XXI. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario