domingo, 6 de noviembre de 2011

CONCURSO EÓLICO


Indicamos que os trámites do concurso eólico avanzan segundo os obxectivos marcados pola Xunta para que Galicia acade os 6.500MW de potencia autorizada o próximo ano.

Os proxectos contemplados no concurso avanzan, polo tanto, con determinación e os promotores eólicos están respondendo con dilixencia á tramitación administrativa dos seus parques.

A pesar da inseguridade que pode xerar o borrador do Real Decreto do Goberno central -no que se marca un novo sistema de retribucións a partir do 2013- o traballo da Administración galega segue adiante con eficacia.

O esforzo do Executivo galego e a súa aposta por recuperar o liderado do sector segue adiante e céntrase no avance das tramitacións administrativas para conseguir que estean listas en 2012,  aspirando a que os parques máis avanzados funcionen xa a finais do 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario