O
PP mostra o seu respecto polas enquisas que maioritariamente reflicten o
rexeitamento da sociedade galega a un adianto das eleccións autonómicas. Cremos
que se trata dun debate ficticio, xa que o propio presidente Feijóo descartou
esta medida a curto e medio prazo, garantindo un esgotamento efectivo da
lexislatura.
A
decisión de Feijóo de convocar eleccións é unha prerrogativa exclusiva do
presidente, e faraa en función dos intereses xerais de Galicia, e non do seu
partido. O contrario sería un ventajismo que non encaixa co proxecto serio e
responsable do PP de Feijóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario