jueves, 16 de febrero de 2012

TAXA ESTRADAS


A Xunta estuda a creación de novas taxas para as empresas coas que recadar fondos que se destinen a obra pública.
A Xunta non se resigna ante un escenario económico complicado que axusta ao máximo as contas públicas e pode obrigar a renunciar ás grandes infraestruturas. Trátase de taxas coas que recadar até 2,5 millóns de euros, diñeiro co que poder acometer pequenas obras nalgúns dos 315 concellos de Galicia, que non necesitan unha autovía pero si unha mellora nun trazado ou unha circunvalación.
A taxa pagaríana as empresas que fornecen luz, auga e telefonía, e as consultorías técnicas. É unha medida que volve esixir un esforzo a quen máis teñen para beneficiar ao interese xeral dos cidadáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario