O
Congreso de Sevilla deixa un PSOE no que a renovación é apostar por un ex
ministro de Felipe González e Zapatero. Rubalcaba é unha viaxe ao pasado para
un país que necesita líderes de futuro. O único que é capaz de propoñer este “novo”
PSOE é revisar os acordos da Santa Sede de fai trinta anos. O xiro radical e
anticatólico está xa trasnoitado.
O
resultado das votacións evidencia que hai un PSOE roto en dous. A parte
perdedora foi ademais varrida da nova Executiva, polo que tememos que o
primeiro partido da oposición reedite o seu conflito interno en lugar de
traballar co Goberno de Mariano Rajoy para saír da crise.
O
PSdeG regresa do Congreso identificado co seu resultado: un Pachi incapaz de
representar a renovación, con constantes pelexas internas e con dúbidas sobre
se será o candidato á presidencia da Xunta. Para maior escarnio, Carmela Silva
(a concelleira-deputada que aínda non renunciou a ningún cargo) ten mellor
posto na Executiva de Rubalcaba que Pachi, relegado a mero segundoxénito.
Vázquez é un dirixente irrelevante no PSOE.
Se
o PSdeG sae do seu congreso rexional como o PSOE nacional, a sociedade galega
castigará a un partido tan rañicas en propostas serias e realistas.
A
única boa noticia é que é a xubilación definitiva de Zapatero. Vaise o peor
presidente da historia de España. O seu legado foron cinco millóns de parados,
un buraco de déficit público milmillonario, unha sociedade dividida polo seu
sectarismo e un país infinitamente peor do que se atopou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario