viernes, 17 de febrero de 2012

AVE


O PP celebra o compromiso real da ministra Ana Pastor coa AVE a Galicia, tras anunciar a adxudicación de oito tramos de obras por valor de 982 millóns de euros nas próximas semanas. O Goberno despexa así as dúbidas interesadas que o PSOE sementou respecto deste proxecto.
Os populares galegos non deixaremos de reivindicar esta infraestrutura vital para Galicia e esiximos que se remate no menor prazo posible, aínda que somos conscientes de que en todo o proxecto debe primar a sensatez técnica.
A mellor garantía que os galegos temos para ver rematada a conexión de alta velocidade coa Meseta son a seriedade, o rigor orzamentario e a honestidade que supón o novo Goberno central.
Será o trío de altos cargos galegos conformado por Rajoy, Pastor e Feijóo o encargado de converter en realidade un proxecto que até agora, lamentablemente, en Fomento ocupou máis tempo nas salas de prensa que nos despachos.
É vital non voltar ao tempo en que o ego electoral dalgúns partidos daba as a promesas de prazos de remate desta obra que os técnicos atopaban imposibles de cumprir, nin queremos voltar ás expropiacións pendentes de pago ou ás estacións con adxudicatarios fantasmas. Agora é tempo da seriedade.
O AVE a Galicia foi un proxecto iniciado polo PP no Goberno central e podemos ter a seguridade de que serán gobernos do PP en Galicia e en Madrid os que conclúan unha infraestrutura histórica para a nosa comunidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario