O Congreso de Sevilla recoñecerá a Mariano Rajoy non só por pilotar a
vitoria nas municipais e as xerais, senón por presidir un Goberno responsable
que está a tomar decisións na dirección adecuada para saír da crise. Iso, a
pesar da ruinosa herdanza recibida do PSOE. Ademais, os populares galegos
estamos ilusionados cos compromisos que Mariano Rajoy adoptou coa súa terra en
apenas dous meses de mandato.
Os populares temos a responsabilidade de expoñer propostas para a
gobernabilidade de España. Entre elas, garantir o mantemento do Estado do
benestar e dos servizos públicos. Ante unha oposición desnortada e sen
proxecto, o PP pon ao servizo dos españois as súas ideas, a súa estratexia
social e económica, que pasa por estar á beira de quen máis o necesita e facer
corresponsables a todos os cidadáns dos servizos públicos.
O PP é un partido unido, cun proxecto claro e un líder con ideas e con
equipo. Somos o único partido nacional que pode afirmar tal cousa. Este Congreso
ten que ser o impulso necesario para gañar as eleccións andaluzas, e un
primeiro empuxón para empezar a pensar nas futuras eleccións galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario