martes, 21 de febrero de 2012

SAÍDA BEIRAS


É a confirmación da ruptura total do BNG, da súa perda de representatividade dentro do nacionalismo, do fracaso do seu proxecto político e do xiro radical e extremista que xa rexeitan mesmo os seus dirixentes históricos. O Bloque é hoxe moito menos Bloque.

A marcha de Beiras e os “irmandiños” é a sangría final dunha hemorraxia interna pola que se han ir numerosos e destacados cargos e dirixentes da formación desde que a UPG se impuxo na Asemblea de fai quince días. E aínda falta por anunciarse a previsible escisión dos partidarios de Aymerich.

Con todos estas saídas, o Bloque vai converterse na marca branca da UPG, o disfrace de cordeiro dun lobo marxista-leninista propio doutras épocas. Esta inestabilidade interna, estas constantes convulsións, impiden ao nacionalismo converterse nunha forza crible para liderar un proxecto político para Galicia.

No entanto, Beiras representa o pasado máis remoto. Foi un dirixente constantemente derrotado nas urnas por Manuel Fraga nos anos noventa. E o que Galicia non quería entón, parece moi improbable que o vaia a querer agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario