A Consellería de Facenda ultima o informe que presentará ante o grupo
de traballo constituído no Ministerio de Facenda para abordar a reforma do
modelo de financiamento autonómico. As claves das demandas de Galicia volverán
ser que o sistema sexa xusto, e cubra os sobrecustos na prestación de servizos
que teñen elementos como a dispersión, o envellecemento da poboación ou os
altos índices de emigración.
Galicia volverá defender a postura que xa tivo durante a negociación do
actual sistema de financiamento, totalmente inxusto pero ao que houbo que
adherirse ante as ameazas da anterior ministra de quedar sen fondos. E ademais
de ser un mal acordo para Galicia, o anterior Goberno incumpriuno de forma
flagrante, retando á Xunta a ir aos tribunais para percibir 805 millóns de
euros que lle correspondían.
Así calan as voces interesadas da oposición que auguraban que a actual
Xunta non sería leal pero reivindicativa ante o Goberno de Mariano Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario