martes, 7 de febrero de 2012

XUÍZO CAMPS


O PP mostra o seu máis absoluto respecto polas decisións xudiciais, sexa cal fora o seu resultado. No entanto, nun proceso que tivo tantos xuízos paralelos, antes e durante, temos unha dobre satisfacción pola absolución do ex presidente Camps, primeiro polo sentido do veredicto, e segundo por ser decidido polos seus propios concidadáns, representados no xurado popular que o xulgou. É un plus de lexitimidade para alguén que se dedicou á xestión pública.

Desde un primeiro momento, Mariano Rajoy apoiou a inocencia de Francisco Camps, así como o groso de dirixentes valencianos e nacionais do partido. A súa decisión de abandonar a Presidencia da Generalitat permitiulle defenderse sen interferencias na actividade política autonómica, e finalmente conseguiu unha absolución que este partido celebra, por esperada.

No entanto, o proceso a Camps debe levarnos a unha serena reflexión. Sen dúbida, é quen devolve a honra perdida a unha persoa pública tras o linchamento mediático previo ao xuízo, con penas de telexornal, filtracións interesadas da instrución do caso, xuízos paralelos nos que se lle condenaba e acusacións inculpatorias sen dereito a defensa desde a oposición política.

Non cabe esperar que o PSOE, acusación neste caso (que chegou a exhibir informes secretos do sumario) de desculpe pola campaña de desprestixio lanzada contra Camps. Ben o sabemos en Galicia, onde a pesar de fracasar no seu intento de condenar a Agustín Hernández, aínda non se retractaron dos insultos lanzados contra o conselleiro. Tampouco sorprende, cando o seu líder vincula sen rubor ao presidente da Xunta co narcotráfico sen a máis mínima proba.

Outra reflexión é que en España, o Estado de Dereito funciona e ofrece as mesmas garantías procesuais para todos os cidadáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario