miércoles, 8 de febrero de 2012

OBRA SOCIAL NGB BANCO


Novagalicia acordou o peche de diversos centros culturais e sociais, así como un investimento de 34 millóns de euros para as actividades da obra social, que incluirán un certo copago.

O PP súmase á petición do presidente Feijóo de reclamar un maior prazo para que NGB poida recapitalizarse con fondos privados. Non é a mellor conxuntura, xa que polo calendario de capitalización imposto polo anterior Goberno socialista, todas as entidades inundaron o mercado cun exceso de oferta para captar fondos, o que complica o éxito da operación.

En calquera caso, entendemos que NGB poida minorar parcialmente as partidas dedicadas á obra social ata que consiga finalizar o seu proceso de capitalización. O principal é que o sistema financeiro galego asente, e unha vez logrado o obxectivo principal e irrenunciable, poderá recuperar con intensidade o seu vínculo co territorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario