jueves, 9 de febrero de 2012

REFORMA SISTEMA FINANCEIRO


Consideramos que se afronta dun xeito claro o problema da normalización crediticia do sistema financeiro, condición primaria para a saída da crise. Esta reforma pretende devolver a liquidez ao sistema, de forma que volva a fluír o crédito cara as empresas e as familias, e activar así a recuperación económica.

Esta normalización realízase dende unha base dos saneamentos dos activos, tal como sempre defendeu a Xunta, non dende a de incrementos de capital, tal como se fixo anteriormente polo Goberno de Zapatero. Se se houbese feito deste xeito dende o principio, o panorama hoxe de moitas entidades sería distinto.

Non caso de Novagalicia Banco, é unha nova exixencia que conleva máis desafíos para o proxecto. Non obstante, o proxecto é perfectamente viable e autónomo se os xestores conseguen as cantidades de capital privado previstas.

O PP confía nos xestores de NGB Banco para saír adiante e lograr que Galicia se manteña na primeira liña financeira de España, cunha entidade propia e cun arraigamento social e territorial dos máis importantes do país.


No hay comentarios:

Publicar un comentario