Conxelar a aplicación do plus de altos cargos é un exercicio de
responsabilidade que os populares aplaudimos. Os esforzos en tempos de crises
deben ser repartidos entre todos, e iso inclúe aos cargos mellor pagados da
Xunta. Se se vai a pedir un pequeno sacrificio aos funcionarios, deben dar
exemplo as nóminas máis altas. Estamos seguros que os galegos entenden e
comparten unha medida así.
Sobre a duración da medida anunciada o mércores por Feijóo, o PP
subliña que o importante é a súa adopción, e non enredarse nun debate sen
sentido sobre se se aplicará de novo a curto ou medio prazo ou acerca da
cantidade concreta que se aforrará. O importante é saír da actual crise
económica.
Ademais, queremos lembrar que o plus de altos cargos non é unha medida
que Galicia inventase e aplicase en solitario, senón que está recollida no
groso das normativas estatal e autonómicas sobre función pública, á que esta
comunidade se adheriu fai apenas cinco anos.
Desexamos que os sindicatos tomen nota da inmellorable vontade da Xunta
para que os sacrificios en tempos de crises afecten salarialmente aos que máis
cobran, mentres que para o groso dos 90.000 funcionarios póidase traducir nunha
leve rebaixa dos días de libre disposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario