lunes, 13 de febrero de 2012

PLUS ALTOS CARGOS


Conxelar a aplicación do plus de altos cargos é un exercicio de responsabilidade que os populares aplaudimos. Os esforzos en tempos de crises deben ser repartidos entre todos, e iso inclúe aos cargos mellor pagados da Xunta. Se se vai a pedir un pequeno sacrificio aos funcionarios, deben dar exemplo as nóminas máis altas. Estamos seguros que os galegos entenden e comparten unha medida así.

Sobre a duración da medida anunciada o mércores por Feijóo, o PP subliña que o importante é a súa adopción, e non enredarse nun debate sen sentido sobre se se aplicará de novo a curto ou medio prazo ou acerca da cantidade concreta que se aforrará. O importante é saír da actual crise económica.

Ademais, queremos lembrar que o plus de altos cargos non é unha medida que Galicia inventase e aplicase en solitario, senón que está recollida no groso das normativas estatal e autonómicas sobre función pública, á que esta comunidade se adheriu fai apenas cinco anos.

Desexamos que os sindicatos tomen nota da inmellorable vontade da Xunta para que os sacrificios en tempos de crises afecten salarialmente aos que máis cobran, mentres que para o groso dos 90.000 funcionarios póidase traducir nunha leve rebaixa dos días de libre disposición. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario